Valoración do e-portfolio de Inés Jacob

3 aspectos positivos:

- Tódolos apartados do seu e-portfolio están moi completos.
- Explica cal foi a súa evolución es os seus planes de futuro.
- Hai un enlace ás actividades que propón para as súas clases, ós seus traballos e ós proxectos nos que participa.

Para min son aspectos moi reseñables xa que é fundamental que o docente explique con claridade o que fai, a súa formación, etc., de xeito que as persoas que vexan o seu portfolio se dean conta de que é o froito de longas horas de traballo e non mera improvisación.
Ademáis tódolos docentes debemos seguir formándonos para poder ofrecer unha educación de calidade ós nosos alumnos, por iso o feito de que teña planes de futuro é moi importante, xa que desmostra que se mantén activa.
Por último, mostrar un exemplo de como son as súas clases é moi enriquecedor.

2 aspectos que poderían mellorarse:

- Explicar máis detalladamente os procesos de avaliación e facer un seguemento dos resultados dos alumnos.
- Incluir exemplos dos materiais didácticos que emprega na clase.

Penso que os procesos de avaliación deberían estar mellor definidos, de xeito que quede claro para calquera persoa como vai a ser avaliado. Ademais para min é fundamental facer un seguemento da evolución dos alumnos para poder solucionar os posibles problemas que poidan xurdir. Aínda que a autora ofrece un enlace a un programa de actividades, non facilita un exemplo claro no que se poida ver o tipo de actividades ou exercicios que vai a empregar.

1 suxestión:

- Incluir algún exemplo das actividades que propón. Non ofrecer soamente un enlace a unha programación xeral de actividades. Tamén podería incluír algún exemplo dos traballos elaborados polos seus alumnos.

A miña suxestión de mellora está relacionado co explicado no punto anterior. É necesario ofrecer exemplos das actividades empregadas cos alumnos e dos traballos realizados por estes para ter unha visión clara do proceso de ensinanza-aprendizaxe. A falta de exemplos fai que todo o que propón se quede nunha simple proposta teórica.

Comentarios